Formación Profesional para o Emprego (FPE)

Na Formación Profesional para o Emprego (FPE) no ámbito laboral, dirixida tanto a persoas ocupadas como a persoas en situación de desemprego para mellorar a cualificación profesional, gestionamos:

Formación vinculada a novos certificados de profesionalidade.

Formación modular vinculada á acreditación parcial acumulable en certificados de profesionalidade.

Formación autorizada para a obtención de diferentes carnés profesionais.

Formación de carácter transversal en áreas que se consideren prioritarias pola Administración laboral competente (igualdade, medioambiente, alfabetización dixital…).

Formación a medida (in company) para satisfacer os requerimientos do mercado de traballo e as necesidades das empresas, proporcionando aos traballadores desempregados e ocupados as competencias, os coñecementos e as prácticas máis adecuadas.