Deseñamos a medida actividades de formación, dinámicas, innovadoras e prácticas en función das características do colectivo destinatario (idade, formación, situación laboral, intereses, necesidades etc.) e en función das características do mercado de traballo local ao cal pertencen.

Desenvolvemos todo tipo de actividades en diferentes localizaciones xeográficas para organismos públicos, empresas privadas e ONGs, cunha visión comprometida coas necesidades e coa rentabilidade dos nosos clientes que aportan os seus recursos e que confían nos nosos servizos, ademais pola nosa solvencia técnica adquirida ao longo de todos estes anos, podemos asegurar o desenvolvemento satisfactorio en todas as actividades de todas as iniciativas que vimos realizando.

Na Formación Profesional para o Emprego (FPE) no ámbito laboral, dirixida tanto a persoas ocupadas como a persoas en situación de desemprego para mellorar a cualificación profesional, gestionamos:

Formación vinculada a novos certificados de profesionalidade.

Formación modular vinculada á acreditación parcial acumulable en certificados de profesionalidade.

Formación autorizada para a obtención de diferentes carnés profesionais.

Formación de carácter transversal en áreas que se consideren prioritarias pola Administración laboral competente (igualdade, medioambiente, alfabetización dixital…).

Formación a medida (in company) para satisfacer os requerimientos do mercado de traballo e as necesidades das empresas, proporcionando aos traballadores desempregados e ocupados as competencias, os coñecementos e as prácticas máis adecuadas.

Na formación programada (antes denominada formación bonificada ou de demanda) dirixida a mellorar a cualificación profesional dos traballadores ocupados, realizamos a seguinte xestión externalizada:

Labores de deseño, planificación, execución, control e feche do proxecto formativo da empresa.

Aseguramiento da utilización de documentación esixida pola Fundación Tripartita para a Formación no Emprego. 

Realización de trámites necesarios na Aplicación Telemática da Fundación Tripartita para a correcta execución e aplicación de bonificacións).

Nos programas de Lecer e Tempo Libre dirixidos a nenos e adultos, traballamos con Asociacións, AMPAS, administracións públicas nas áreas de Educación, Cultura, Mocidade, Servizos Sociais e Igualdade, realizando o seguinte servizo dun xeito integral, desde a coordinación, a contratación de profesionais especializados e o seguimiento de todas as actividades.

Campamentos urbanos e de verán con saídas, excursións e visitas culturais. 

Actividades extraescolares para AMPAS e Colexios.

Gran variedade de obradoiros para todos os grupos de idade.

Programas educativos e culturais con accións formativas de duración variable (charlas informativas, cursos, seminarios…).

Somos un centro de formación homologado por:

A Conselleria de Economía Empleo e Industria có número de rexistro 36H02132.

A Conselleria del Medio Rural có número de rexistro  ECMR-013/10.

A Dirección General de Juventud có número de rexistro  G-70.