Cursos dispoñíbeis

O curso que vas a realizar correspóndese co módulo formativo 1: MF1442_3 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O EMPREGO (correspondente o Certificado de profesionalidade SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO)

Familia correspondente: SSC –SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE – E – FORMACIÓN E EDUCACIÓN

Obxectivos do curso:
Programar accións formativas para o emprego adecuándoas ás características e condicións da formación, ao perfil dos destinatarios e á realidade laboral.

Prácticas:

. Analizar a normativa sobre a Formación Profesional para o Emprego nas súas diferentes modalidades de impartición, identificando as súas características e colectivos destinatarios.

. Identificar o perfil profesional e formativo dos destinatarios da formación, as súas características e necesidades

. Elaborar a programación didáctica dunha acción formativa en función da modalidade de impartición e das características dos destinatarios

. Nun suposto práctico de elaboración da programación dunha acción formativa vinculada a un módulo ou unidade formativa e de forma contextualizada:

- Determinar as unidades didácticas e a súa duración.

- Analizar e/ou redactar obxectivo xeral e específicos.

- Secuenciar, de forma ordenada, os contidos a impartir.

- Desenvolver actividades extraidas de todos os contidos programados.

- Secuenciar a metodoloxía de impartición concretando métodos, recursos didácticos e situación das actividades no proceso formativo.- Desenvolver o procedemento avaliador a seguir para comprobar a adquisición de obxectivos formativos.

- Detallar recursos, bibliografía, anexos, entre outros, necesarios para a impartición da formación

Elaborar a programación temporalizada do desenvolvemento das unidades didácticas programadas, secuenciar contidos e actividades.

. Nun suposto práctico de preparación dunha temporalización secuenciada da programación didáctica da acción formativa:

- Identificar a acción formativa á que fai referencia a programación temporalizada salientando código, número e nome do módulo, duración, período que abrangue a planificación, entre outros.

- Distribuír contidos e actividades atendendo á duración e horarios da acción formativa, unidade didáctica, dispoñibilidade de recursos, instalacións necesarias.

- Considerar a dificultade da distribución temporal do contido e das actividades, tomando como referencia as características da modalidade, do alumnado e do ambiente, coa finalidade da súa revisión e axuste constante.

- Elaborar unha guía do alumno para a modalidade de formación en liña


Contidos do curso:

1.-Estrutura da Formación Profesional

-Sistema Nacional das Cualificaciones: Catalogo Nacional de Cualificaciones e formación modular, niveis de cualificación.

-Subsistema de Formación Profesional Regulada: Programas de Cualificación Profesional Inicial e Ciclos Formativos: características, destinatarios e duración.

-Subsistema da Formación Profesional para o Emprego: características e destinatarios. Formación de demanda e de oferta: Características.

-Programas formativos: estrutura do programa.

-Proxectos formativos na formación en alternancia co emprego: estrutura e características.


2.-Certificados de Profesionalidade

- Certificados de profesionalidade: características e vías de adquisición. Estrutura do certificado de profesionalidade: perfil profesional/referente ocupacional, formación do certificado/referente formativo, prescricións dos formadores e requisitos mínimos de espazo, instalacións e equipamento. Formación profesional e en liña.

- Programación didáctica vinculada a Certificación Profesional.


3.-Elaboración da programación didáctica dunha acción formativa en formación para o emprego

- A formación por competencias

- Características xerais da programación de accións formativas.

- Os obxectivos: definición, funcións, clasificación, formulación e normas de redacción.

- Os contidos formativos: conceptuais, procedementais e actitudinais. Normas de redacción.       Funcións. Relación cos obxectivos e a modalidade de formación.

- Secuenciación. Actualización e aplicabilidade.

- As actividades: tipoloxía, estrutura, criterios de redacción e relación cos contidos. Dinámicas de traballo en grupo.

- Metodoloxía: métodos e técnicas didácticas.

- Características metodolóxicas das modalidades de impartición dos certificados de profesionalidade.

- Recursos pedagóxicos. relación de recursos, instalacións, bibliografía, anexos: características e descrición.

- Criterios de avaliación: tipos, momento, instrumentos, ponderacións.

- Observacións para a revisión, actualización e mellora da programación.


4.-Elaboración da programación temporizada da acción formativa

A temporización diaria:

Características: organización, flexibilidade e contido.

Estrutura.

Secuenciación de contidos e concreción de actividades.

Elaboración da Guía para as accións formativas, para a modalidade de impartición formación en liña


Metodoloxía e avaliación   

Metodoloxía eminentemente activa baseada na participación e interacción do alumnado e nos principios de aprendizaxe significativo e colaborativo, na impartición das sesións formativas a docente contará có nivel de partida de coñecementos de cada alumno/a e os seus diferentes ritmos de aprendizaxe.


Aplicaráse un sistema  de avaliación contínua como método formativo cos seguintes criterios:

Rexistros de asistencia e de participación 

Valoración individualizada de actitudes e aptitudes demostrados no proceso de formación 

Valoración da aquisición de coñecementos e competencias profesionais a través de probas de avaliación teórico-prácticas ao finalizar cada módulo ou unidade formativa, as probas serán  puntuadas pola docente encargada da impartición e quedará constancia da valoración a través do informe de avaliación individualizado e da acta de avaliación.








Benvidos ao MF0504_3 Escaparatismo Comercial. 

Neste módulo formativo imos aprender a: Analizar, Deseñar e Organizar a montaxe de escaparates en establecementos comerciais.

Cando finalicedes estaredes habilitados como Escaparatista comercial e Deseñador de espazos comerciais.




Este curso está dirixido para aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos relacionados coa preparación de proxectos de deseño gráfico, traballasen ou non en empresas de artes gráficas ou en áreas profesionais do deseño gráfico, pois non é necesario ter experiencia previa neste sector.

Esta Unidade Formativa (UF) é unha parte do certificado "Deseño de productos gráficos", o cal, una vez completo, habilita para traballar como deseñador/a gráfico/a, grafista, maquetista ou deseñador/a de arte final.

Cada semana atoparán conceptos básicos e procedementos que servirán de guía esencial do alumnado para o desenvolvemento profesional da actividade.







O obxectivo xeral do curso é comunicar sobre o medio ambiente, interpretar os seus valores e problemática, guiar e capacitar ás personas para contribuir á conservación e mellora ambiental.

Este curso está dirixido para aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos relacionados  cas administracions basicas de oficina.

  • Poñeremos en practica como as persoas que realizan accions de tipo administrativo deben ter claro cómo poden coñecer a estructura empresarial e realizar, si fora preciso, o  correspondente organigrama da empresa, sabendo ubicar cada un dos departamentos, as funcions e as relacions existentes na mesma.
  • Outro dos principios fundamentais das tarefas administrativas e o apoyo ó departamento financiero correspondiente. E importante que se sepan  realizar algunhas funcions relacionadas ca tesoreria empresarial, asi como elaborar certos documentos, tales como unha factura, un albaran, etc.



Este curso está dirixido para todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos relacionados coa xestión administrativa dun servicio de auditoría. Este certificado habilitará ao alumno para traballar no ámbito da xestión dun proceso de auditoría, analizando dito proceso, identificando as súas diferentes fases e os fluxos de información que se xeneran e os instrumentos que se utilizan.

Nesta unidade formativa, que pertence ao módulo formativo Servizo básico de restaurante-bar (HOTR0208) as diferentes tarefas habituais nos postservizo:  limpar a cristalería, cubertería ou montar unha mesa.

Tamén aprenderemos técnicas, utis e tipos servizo de aplicación. Por exemplo, servizo de empretado ou gueridón.

Continuaremos traballando os diferentes servizos de comidas e bebidas (tipos de almorzos, tipos de categorías) e por últimos veremos os  tipos de facturación e cobro. 

Neste curso aprenderase as bases de HTML para crear páxinas web.

O curso que vas a realizar correspóndese co módulo formativo 3 : MF1036_3: METODOLOXÍA DE EMPREGO CON APOIO NA INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDE do certificado de profesionalidade SSCG0109 Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade.

Este curso online permitirache validar a parte teórica dos módulos do certificado de profesionalidade (AGAO0208) Instalacións e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes

O obxetivo  fundamanal de este curso e coñecer e recoñecer todas as técnicas de montaxe que se poden realizar nunha perruquería 

Tras realizar este curso serás capaz de:

  • Propoñer un plan/programa inicial do estudo, proxecto suscitado ou obra, para establecer o seu Plan/Programa Base, realizando cálculos básicos de rendemento.
  • Concretar o Plan/Programa de Deseño para permitir o control da fase de redacción do proxecto, gardando correspondencia co plan inicial.
  • Concretar o Plan/Programa de Contratación para permitir o control do proceso da contratación das obras, seguindo as directrices relativas á estratexia de contratación.

Neste certificado aquirirás competencias para realizar as operacións de manexo, mantemento, produción e colleita de cultivos nunha explotación ecolóxica, aplicando criterios de calidade, sostibilidade e rendibilidade, cumprindo coa lexislación de agricultura ecolóxica, de control de calidade e de prevención de riscos laborais vixente


Neste curso poderedes poñer en práctica as vosas habilidades docentes e titoriais mediante a creación dun curso da especialidade que vides traballando nos módulos previos do certificado de Docencia da Formación Profesional para o Emprego. 

Lembrade a importancia da motivación e as dificultades/potencialidades das TIC na FPE á hora de titorizar accions formativas para o emprego na modalidade de teleformación.